Ali Lee

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAli Lee

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento27 de novembro de 1982 Editar o valor em Wikidata (41 anos)
Hong-Kong británico, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRepública Popular da China (1997–)
Hong-Kong británico (1982–1997) Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade da cidade de Hong Kong (pt) Traducir
Chai Wan Star of the Sea Catholic Primary School (en) Traducir
Islamic Kasim Tuet Memorial College (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2008 Editar o valor em Wikidata -
LinguaCantonês de Hong Kong (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Facebook: aliaime.page Instagram: aliaime Youtube: UCQPM4aPuKVA4Cj71Dimx-3Q Editar o valor em Wikidata

Ali Lee Kai-sum, nada en Hong Kong o 27 de novembro de 1982, é unha actriz e presentadora de televisión de Hong Kong.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ali Lee en 2011.

Estudou artes visuais na Universidade da Cidade de Hong Kong, e tras lograr o grao de asociado traballou durante algún tempo como modelo para unha revista e protagonizou algúns anuncios para a televisión.[1] En 2008 Lee entrou a traballar na Cable TV Hong Kong e presentou diveros programas nesa canle, desde deportivos ata de entretemento. En 2011 debutou como actriz na miniseri ICAC Investigators 2011, interpretando á axente do ICAC "Ashley." Logo de expirar o seu contrato, asinou coa TVB a finais de 2012 e apareceu no programa Confederations Cup 2013 - Kick-Off Carnival. centro Carnival.[2] A súa primeira actuación na TVB foi como "Sue" na comedia dramática romántica de 2014 Outbound Love e logo sa actuou en sete series máis da TVB nese ano con papeis menores.

Pero o que lle deu notoriedade foi a súa actuación como vilá na serie tamén de 2014, Overachievers. A continuación as súas interpretacións en Raising the Bar, My "Spiritual" Ex-Lover e Rear Mirror consolidaron a súa carreira. A finais de 2015 apareceu en Law dis-Order como a protagonista feminina compartindo elenco con Alex Fong e Liu Kai-chi. En 2016 protagonizou con Gallen Lo o serial The Conspirators.[3]

Televisión[editar | editar a fonte]

Series[editar | editar a fonte]

Ano Título papel Notas
2011 ICAC Investigators 2011 Ashley Nos títulos de crédito figura como "Lee Ka-hing"

Episodio 4

2014 Outbound Love Sue
Gilded Chopsticks Consorte Yee
Swipe Tap Love Parella
Ghost Dragon of Cold Mountain Consorte Yuen
Come Home Love Susanna Kwan
Rear Mirror Yuen Ka-po
Overachievers Ivy Yu Sze-lam
Tiger Cubs II Cheung To Papel menor
2015 Raising the Bar Sam Lai-ching Candidata ao premio da TVB á mellor actriz novel
My "Spiritual" Ex-Lover Espírito de raposa Candidata ao premio da TVB á mellor actriz secundaria

Candidata ao premio  da TVB á mellor actriz novel

Under the Veil Chak-sin Candidata  ao premio da TVB á mellor actriz novel
2016 Fashion War Vincy Kei Wan-wan
Brother's Keeper II Chung Wing
Law dis-Order Hazel Cheuk Yee-chung Protagonista
Watch Out Boss Roxie Yiu Lok-sze Por estrear
2017 The Conspirators Rachel Chan Hei-man Protagonista; Pos-produción

Notas[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]