Saltar ao contido

Alfred-Marie Liénard

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAlfred-Marie Liénard
Biografía
Nacemento2 de abril de 1869 Editar o valor en Wikidata
Amiens, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte29 de abril de 1958 Editar o valor en Wikidata (89 anos)
París, Francia Editar o valor en Wikidata
Presidente Sociedade Matemática de Francia
xaneiro de 1933 – decembro de 1933
← Gaston Julia (pt) TraducirJean Chazy (pt) Traducir →
Director Escola Superior de Minas de París
1929 – 1936
← Gabriel ChesneauFélix Leprince-Ringuet (pt) Traducir →
Vicepresidente Société française des électriciens (en) Traducir
1926 – 1929 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaVersalles Editar o valor en Wikidata
EducaciónEscola Politécnica
Escola Superior de Minas de París Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfísico, enxeñeiro, profesor universitario Editar o valor en Wikidata
Obra
Arquivos en
Premios

Alfred-Marie Liénard, nado en Amiens o 2 de abril de 1869 e finado en París o 29 de abril de 1958, foi un físico e enxeñeiro francés. Os seus estudos centráronse na teoría da electricidade e o magnetismo.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Alfred-Marie Liénard estudou na Escola Politécnica de Francia de 1887 ata 1889, e na Escola Superior de Minas de Saint-Étienne de 1889 ata 1892. Desenvolveuse como enxeñeiro de minas en Valencia, Marsella e Angers dende 1892 ata 1895. Na Primeira guerra mundial serviu no exército francés.[1]

Entre 1895 e 1908, foi profesor na Escola Superior de Minas de Saint-Étienne e, posteriormente, na Escola Nacional Superior de Minas de París, entre 1908 e 1936, onde foi catedrático de Electricidade Industrial. Foi subdirector de dita escola entre 1918 e 1929, e director da mesma desde 1929 ata o seu retiro en 1936. Presidiu a Sociedade Matemática de Francia durante 1933.

En 1898 (e dous anos despois, Emil Wiechert), deduciu os agora chamados potenciais de Liénard–Wiechert, que describen o efecto electromagnético clásico de unha carga eléctrica puntual en movemento en termos dun campo potencial e escalar.

As súas dúas únicas obras puramente matemáticas foron impulsadas polos seus estudos en mecánica. Na primeira delas[2], xunto con Henri Chipart, estableceron o criterio de Liénard-Chipart para determinar cando a parte real das raíces dunha ecuación alxébrica é negativa, con interese en problemas relacionados coa radioelectricidade. Na segunda delas[3], estudou en profundidade a ecuación de Liénard polo seu interese en aplicacións a circuítos eléctricos e sistemas onde aparecen oscilacións autosostenidas, isto é, sen acción dunha forza externa.

  1. 1,0 1,1 "Alfred-Marie LIENARD (1869-1958)". Consultado o 30 de xuño de 2024. 
  2. Liénard, Alfred-Marie (1914). "Sur le signe de la partie réelle des racines d'une equation algébrique". Journal de Mathématiques Pures et Appliquées 10: 291–346. 
  3. Liénard, Alfred-Marie (1928). "Etude des oscillations entretenues". Revue Générale de l'Électricité 23: 901–912, 946–954. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]