Saltar ao contido

Alfonso Escámez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAlfonso Escámez

(1988) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1 de xaneiro de 1916 Editar o valor en Wikidata
Águilas, España Editar o valor en Wikidata
Morte16 de maio de 2010 Editar o valor en Wikidata (94 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Senador de España
15 de xuño de 1977 – 2 de xaneiro de 1979 Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, empresario, banqueiro Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloMarqués Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX897027

Afonso Escámez e López, nado en Águilas (Murcia), o 1 de xaneiro de 1916 e finado en Madrid, o 16 de maio de 2010[1], marqués de Águilas, foi un banqueiro español.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo dun vendedor de peixe, asistiu ao colexio Santo Tomás de Aquino. O prematuro falecemento do pai fixo que comezase a traballar con 12 anos como porteiro na sucursal do Banco Internacional de Industria e Comercio. Tras a crise de 1929, a entidade reduciu persoal e Escámez, con 13 anos, perdeu o seu primeiro traballo. Pero os seus xefes xa se fixaran nel e pronto o volveron a contratar, xa como caixeiro. Logo da Guerra Civil, o Internacional foi absorbido polo Banco Central, a entidade da que Escámez nunca se desligaría e onde desenvolveu toda a súa carreira, ata alcanzar a presidencia en 1973, cadeira que ocupou ata 1993.

Logo da súa retirada foi tamén Presidente de Honra de CEPSA.

En 1977 foi designado senador polo rei de España Xoán Carlos I e ocupou un escano no Senado ata as eleccións de 1979, ás que non se presentou. Durante a súa estadía na Cámara Alta vinculouse ao grupo de Senadores Independentes, todos eles de designación real, e situados na á máis conservadora do hemiciclo.

Galardóns

[editar | editar a fonte]