Alejandro Rodríguez Cobelas
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XIX |
Morte | 8 de novembro de 1933 Ourense, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | avogado , xornalista , político |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Fillos | Alejandro Rodríguez Veiras |
Alejandro Rodríguez Cobelas, finado en Ourense o 8 de novembro de 1933,[1] foi un avogado, xornalista e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Procurador dos tribunais en Ourense. Foi redactor de El Derecho e correspondente en Ourense de La Revista Popular.[2] Militante do Partido Conservador, foi concelleiro de Ourense dende 1904, cidade da que chegou a ser alcalde. Foi presidente da Sociedad Artística de Ourense (1914),[3] presidente honorario da Sociedad Deportiva Victoria creada en 1920, presidente do coro galego Os Enxebres (1919-1921 e 1927)[4] e do orfeón Unión Orensana (1926).[5]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Carmen Veiras Carballo en 1892,[6] e foi pai de Felisa, Alejandro e María del Carmen Rodríguez Veiras.