Saltar ao contido

Alejandro Mareque

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAlejandro Mareque
Biografía
Nacemento1 de xullo de 1890 Editar o valor en Wikidata
Caldas de Reis, España Editar o valor en Wikidata
Morteséculo XX Editar o valor en Wikidata
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista, político Editar o valor en Wikidata

Alejandro Mareque García, nado en Caldas de Reis o 1 de xullo de 1890, foi un xornalista e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Traballou na Electra Popular.[1] Foi nomeado secretario interino do concello de Portas en agosto de 1918.[2] Dirixiu o periódico La Justicia de Caldas de Reis en 1919. Aprobou os exames para secretarios de xulgados municipais en 1920.[3] Foi secretario do xulgado municipal de Portas, e a partir de xuño de 1934 do de Covelo.[4] Foi correspondente de Galicia,[5] e El Pueblo Gallego en Caldas de Reis.[6] Presidente da Sociedad Liceo de Artesanos de Caldas de Reis ata decembro de 1930, nesa data foi elixido secretario.[7] Foi secretario particular do gobernador civil de Lugo César Torres Martínez (1932-1933).[8] En marzo de 1936 foi o delegado gobernativo que presidiu reposición da corporación de elección popular de Covelo.[9]

Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 marchou á Arxentina coa familia desde Lisboa, arribando a Buenos Aires o 27 de setembro de 1938. Instalouse na localidade Máximo Paz (Provincia de Buenos Aires).

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Dolores Fariña Conde, e foi pai de Manuel Francisco, Alejandro, Narciso, María del Carmen e Joaquín Mareque Fariña.

  1. La Democracia, 15-10-1911, p. 3.
  2. El Diario de Pontevedra, 28-8-1918, p. 2.
  3. El Ideal Gallego, 8-5-1920, p. 3.
  4. Raza Celta, agosto 1934, p. 14.
  5. Galicia, 7-2-1923, p. 2.
  6. El Pueblo Gallego, 22-7-1934, p. 13.
  7. El Pueblo Gallego, 24-12-1930, p. 8.
  8. La Voz de la Verdad, 24-12-1932, p. 1.
  9. El Pueblo Gallego, 1-4-1936, p. 13.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]