Albertson Van Zo Post

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Albertson Van Zo Post
O'Connor, Tatham, Nadal, Van Zo Post, 1891.jpg
Nacemento28 de xullo de 1866
Lugar de nacementoCincinnati
Falecemento23 de xaneiro de 1938
Lugar de falecementoNova York
SoterradoCemiterio de Woodlawn
NacionalidadeEstados Unidos de América
Ocupaciónesgrimista e novelista
PaiHenry A. V. Post
NaiCaroline Burnet McLean
IrmánsEdwin Main Post e Carolyn Beatrice Post
editar datos en Wikidata ]

Albertson Van Zo Post, nado en Cincinnati, Ohio o 28 de xullo de 1866 e finado en Nova York o 23 de xaneiro de 1938, foi un enxeñeiro civil, escritor e tirador de esgrima americano, que gañou cinco medallas olímpicas.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nos Xogos Olímpicos de 1904 gañou a medalla de ouro nas modalidades de vara individual e florete por equipos, a de prata en florete individual e a de bronce en espada e sabre individual,[1] malia ser cidadán norteamericano sen relación con Cuba, a base de datos do COI inclúe as súas medallas como gañadas por Cuba, agás unha como parte do Equipo Mixto [2]. Oito anos despois en Estocolmo chegou aos cuartos de finais nos Xogos Olímpicos de 1912 en florete, espada e sabre individual e non pasou da primeira rolda en espada por equipos. Ao longo da súa carreira gañou o título nacional do seu país en florete (1895), espada (1896 e 1912) e sabre (1901, 1902 e 1903)

Como escritor publicou dúas novelas Retz (1908) e Diana Ardway (1913).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Albertson Van Zo Post Olympic Results". sports-reference.com. Arquivado dende o orixinal o 28 de xullo de 2011. Consultado o 2010-04-02. 
  2. Olympic.or Base de datos do COI

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]