Alarmona
Unha alarmona é unha molécula sinalizadora intracelular que producen as bacterias, os cloroplastos e unha pequena minoría de arqueas cando reaccionan a factores ambientais moi adversos.[1] As alarmonas regulan a expresión xénica a nivel de transcrición. As alarmonas prodúcense en altas concentracións cando as bacterias e plantas están sometidas a factores ambientais adversos, como a falta de aminoácidos, para producir proteínas. O ARNt non cargado funciona como alarmona. Despois, o guanosín-5'-trifosfato (GTP) é convertido en guanosín 5´-difosfato 3´-difosfato (ppGpp), que é a alarmona arquetípica.[2] O ppGpp únese ás subunidades β e β´ da ARN polimerase, cambiando a preferencia de promotor. Isto fará diminuír o nivel de transcrición dos xenes do ARNr e a doutros xenes, pero incrementará a de xenes que interveñen na biosíntese de aminoácidos e no metabolismo implicado na fame.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Rinke C, Schwientek P, Sczyrba A, Ivanova NN, Anderson IJ, Cheng JF, Darling A, Malfatti S, Swan BK, Gies EA, Dodsworth JA, Hedlund BP, Tsiamis G, Sievert SM, Liu WT, Eisen JA, Hallam SJ, Kyrpides NC, Stepanauskas R, Rubin EM, Hugenholtz P, Woyke T (July 2013). "Insights into the phylogeny and coding potential of microbial dark matter" (PDF). Nature (en inglés) 499 (7459): 431–437. PMID 23851394. doi:10.1038/nature12352.
- ↑ Artsimovitch, I; Patlan, V; Sekine, S; Vassylyeva, MN; Hosaka, T; Ochi, K; Yokoyama, S; Vassylyev, DG (2004). "Structural basis for transcription regulation by alarmone ppGpp". Cell 117 (3): 299–310. PMID 15109491. doi:10.1016/S0092-8674(04)00401-5.
- ↑ Jishage, M; Kvint, K; Shingler, V; Nyström, T (2002). "Regulation of ς factor competition by the alarmone ppGpp". Genes & Development 16 (10): 1260–70. PMC 186289. PMID 12023304. doi:10.1101/gad.227902.