Alain Genty

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Alain Genty
Guérande - Barzaz - Alain Genty.JPG
Nome completoAlain Genty
Nacemento22 de setembro de 1958
Nogent-sur-Seine
Francia Flag of France.svg
OrixeNogent-sur-Seine
Ocupaciónmúsico e compositor
XéneroFolk, Jazz Rock, Rock progresivo
Instrumento(s)Baixo
Selo(s) discográfico(s)Keltia
Relacionado conDen, Barzaz, Gwerz
editar datos en Wikidata ]

Alain Genty (Nogent-sur-Seine, 22 de setembro de 1958) é un músico e compositor francés coñecido polas súas composicións como baixista en música bretoa.

Biografía[editar | editar a fonte]

Alain Genty nace o 22 setembro de 1958 en Nogent-sur-Seine, Francia. Durante os anos 80 interésase polo rock progresivo e polo jazz rock (Jaco Pastorius, Soft Machine, Weather Report, Magma, Frank Zappa etc). El toca en grupos influenciados por eses estilos, como Dexter Ward ou Opa Lock.

En 1989 integra o grupo Barzaz e realiza os seus primeiros pasos na música bretoa e celta. Participa igualmente nos grupos Den e Gwerz.

Lanza o seu primeiro álbum en solitario en 1994, La Couleur du Milieu, mestura das súas influencias bretoas, jazz rock, e músicas progresivas.

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums en solitario[editar | editar a fonte]

* La Couleur du Milieu (1994)
* Le Grand Encrier (1998)
* Une Petite Lanterne (2004)
* To the Bobs (2004)
* Singing Sands (2005)