Saltar ao contido

Aida Nuño Palacio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAida Nuño Palacio

(2018) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento24 de novembro de 1983 Editar o valor en Wikidata (41 anos)
Hevia, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónciclista, ciclista de ciclocrós Editar o valor en Wikidata
Deporteciclismo de competición
Ciclocross Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Competición
2014-2014 Lointek
2015-2015 Lointek
2018- Río Miera–Cantabria Deporte
Participou en
2018Calendário UCI Feminino de 2018 (pt) Traducir (840ª)
20152015 in women's road cycling (en) Traducir (431ª) Editar o valor en Wikidata

Aida Nuño Palacio, nada en Hevia, Siero o 24 de novembro de 1983, é unha ciclista española. Considerada como a mellor corredora española de cyclo-cros da historia tras participar no primeiro Campionato do Mundial de Ciclocrós Feminino no 2000 con só 16 anos.[1][2] Posúe 7 campionatos nacionais elite (o primeiro con só 18 anos) e 2 júnior. Conseguiu unha notable 17ª posición no Campionato do Mundial de Ciclocrós 2016 entre outros resultados.[3][4][5]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

No 2014 tivo a oportunidade de debutar como profesional co Lointek (equipo de estrada) .[6] Tras unha boa adaptación a esa nova disciplina (a 2ª mellor do seu equipo na Emakumeen Euskal Bira: 44ª; e 11ª no Campionato de España en Ruta) destacou nas súas primeiras carreiras da tempada 2014-2015 de cyclocross e foi a súa consagración no panorama nacional e internacional.[7][8][9][4][10]

En 2015 conseguiu os seus primeiros puntos UCI na disciplina do ciclismo en ruta ó quedar 13ª no Gran Premio de Plumelec-Morbihan.[11]


En xaneiro do 2018 gañou o Campionato de España de ciclocrós elite disputado en Legazpi (Guipúscoa) nun dos circuítos máis duros celebrados nas últimas edicións.

Tras lograr o seu sétimo título de Campioa de España 2019 en Pontevedra, convértese na única ciclista da historia con sete ouros na máxima categoría.