Agusta A.106

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Agusta A.106
Tipohelicóptero lixeiro de guerra antisubmarina
FabricanteAgusta
Primeiro voonovembro de 1965
Retirado1973
Principais usuariosArmada de Italia
Unidades construídas2

O Agusta A.106 foi un helicóptero lixeiro monopraza deseñado para proporcionar unha plataforma de guerra antisubmarina (ASW) aos destructores da clase Impavido da Armada de Italia. O aparello tiña un sofisticado conxunto de electrónicas de Ferranti para autoestabilización e identificación de contactos. Podían colgarse dous torpedos baixo a fuselaxe. A cola e o rotor principal de dúas pás pedían dobrarse para ser gardados a bordo, e os patíns do tren de aterraxe podían levar bolsas de flotación.

Fabricáronse dous prototipos, o primenrio deles voando en novembro de 1965. Un lote de preprodución de 5 helicópteros foi cancelado pola Armada en 1973.

Operadores[editar | editar a fonte]

Italia Italia

Especificacións[editar | editar a fonte]

Datos de Jane's All The World's Aircraft 1969-70[1]

Características xerais

  • Tripulación: un piloto
  • Lonxitude: 8 m
  • Altura: 2,5 m
  • Peso baleiro: 590 kg
  • Peso bruto: 1 400 kg
  • Planta de potencia: 1 × Turbomeca-Agusta TAA.230 de 300 cabalos
  • Diámetro do rotor principal: 9,50 m
  • Área do rotor principal: 70,9 m2

Rendemento

  • Velocidade máxima: 176 km/h (109 mph, 95 kn)
  • Alcance: 740 km (460 mi, 400 nmi)
  • Aguante: 4 horas e 30 minutos
  • Teito de servizo: 3 000 m
  • Ritmo de ascenso: 6,2 m/s

Armamento

  • 2 × torpedos Mk.44 ou
  • 10 × cargas de profundidade ou
  • 2 × metralladoras de 7,62 mm e 10 foguetes de 80 mm

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Taylor 1969, p.124

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Taylor, John W.R. (1969). Jane's All The World's Aircraft 1969-70. London: Jane's Yearbooks.