Agustín Carrascosa Carbonell

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Agustín Carrascosa Carbonell, nado en Alacant en 1897, foi un comerciante e político español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Na República militou no Partido Republicano Radical Socialista do que foi secretario da Xunta Provincial de Alacant. Despois ingresou en Unión Republicana e foi nomeado gobernador civil de Ourense o 28 de febreiro de 1936, permanecendo no posto até o 7 de xuño; o 14 de xuño foi nomeado gobernador civil de Huesca. Ante a sublevación do 18 de xullo de 1936 mantivo unha actitude ambigüa. O 19 de xullo resignou o mando. Sufriu arresto domiciliario. Marchou a Zaragoza e despois a Burgos onde foi controlado, pero non o molestaron por orde do xeneral con mando na praza. O 22 de xaneiro de 1937 foi detido acusado de dar armas e vehículos en Huesca, e ingresou en prisión ao día seguinte. Foi condenado a trinta anos de cárcere dos que cumpliu pouco máis de tres.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Isabel Moltó Villalobos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]