Agrupación de Electores de Redondela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Agrupación de Electores de Redondela (AER)
Agrupación política de Redondela, Galicia
Dirixentes e organización
Líderasemblea
Historia
Fundación2011
Posicións políticas
Ideoloxíaesquerda, asemblearismo
Representación
Concelleiros
4 / 21
Outros datos
Páxina webaeredondela.com

A Agrupación de Electores de Redondela (AER), é unha agrupación política de ámbito municipal do concello pontevedrés de Redondela. Fundouse no ano 2011, presentándose ese mesmo ano ás eleccións municipais e acadando un concelleiro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

AER naceu en 2011 como alternativa localista aos partidos existentes, tal e como definiron nun dos seus comunicados fundacionais.

Somos unha agrupación de cidadáns indignad@s coa situación política actual e que non nos viamos reflectid@s en ningún dos partidos políticos presentes en Redondela.

Nas eleccións municipais de 2011, presentáronse á alcaldía con Jorge Varela Couñago ("Chopi") como cabeza de lista. Neses comicios obtiveron 832 votos (un 5,25% do total), conseguindo un concelleiro. Malia acadar só un edil, o resultado desas eleccións permitiu truncar a maioría absoluta do Partido Popular, convertendo a AER na chave de goberno. AER abstívose na investidura cumprindo a súa promesa de non pactar con ningún partido político; co que gobernou o Partido Popular, que acadou máis votos que PSOE e BNG xuntos e obtivo os mesmos edís que a suma de PSOE e BNG.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]