Saltar ao contido

Agapito Serra Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAgapito Serra Fernández

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoséculo XIX Editar o valor en Wikidata
Barcia de Mera, España Editar o valor en Wikidata
Mortexullo de 1939 Editar o valor en Wikidata
Portugal Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresario, filántropo Editar o valor en Wikidata

Agapito Serra Fernández, nado en Redondo (Barcia de Mera, Covelo) na segunda metade do século XIX e finado en Portugal en xullo de 1939,[1] foi un empresario e filántropo galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Moi novo emigrou a Portugal. Instalouse en Lisboa e montou un restaurante chamado A Estrela de Ouro. Tamén creou unha fábrica de alimentos co mesmo nome e logrou un importante éxito empresarial.

En 1907 encargoulle ao arquitecto Norte Júnior edificar unha barriada de casas, que levaría o nome das súas empresas. Estas casas eran alugadas por un módico prezo aos seus traballadores e hoxe constitúen un dos barrios lisboetas máis característicos. Formado por uns 120 edificios, de dous e tres andares, tiñan acceso directo ao exterior e seguían modelos arquitectónicos de carácter ecléctico. Os edificios destacaban polos paneis de azulexos e os balcóns de ferro forxado.

Foi un destacado membro da colectividade galega asentada en Portugal, directivo de varias sociedades de socorros mutuos, como a Asociación Galaica e a Fraternidad Española, e un dos promotores da fusión de ambas, que deu lugar, en 1931, á creación do Centro Galego de Lisboa.

Mandou construír na súa aldea natal unha escola "con capacidad para setenta alumnos y casa habitación correspondiente para el maestro con todas las comodidades". Ao seu carón, financiou tamén a construción dunha capela dedicada ao seu santo patrón, San Xosé.

En agosto de 1931, como recoñecemento ao seu labor, os veciños erixiron un busto no recinto onde estaban a capela e a escola que el financiou.

  1. El Pueblo Gallego, 29-7-1939, p. 5.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]