Aeroports de Catalunya

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Aeroports de Catalunya.svg
Terminal e torre do aeroporto de Lleida-Alguaire.

Aeroports de Catalunya é unha sociedade pública catalá (Aeroports Públics de Catalunya SLU) da Generalitat de Cataluña dentro do Departamento de Territorio e Sustentabilidade. A sociedade é a encargada de xestionar os aeroportos, aeródromos e heliportos propiedade da empresa ou da Generalitat de Cataluña. A súa sede empresarial está na Avinguda Litoral de Barcelona.

Actualmente ten en propiedade e xestiona os seguintes aeroportos e aeródromos:

Esta empresa quere consolidar un novo modelo de xestión aeroportuaria, traballar en favor dunha política comercial efectiva e promocionar as instalacións existentes así como os futuros traspasos. Traballa para manter e mellorar unha rede de aeródromos máis completa e conservar unha rede de heliportos para todos os servizos posibles.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]