Saltar ao contido

Aeroclub

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hangar do aeroclub Barkaby en Suecia

Un aeroclub é un centro que ten como obxectivos o ensino e a práctica da aviación civil e outras actividades aeronáuticas como pode ser o paracaidismo, asemade poden tamén cumprir misións de emerxencia ou de interese público. Para operar precisan autorización dos organismos nacionais de aviación civil, normalmente reciben o nome da cidade na que están instalados ou se é capital dunha rexión ou territorio autonómo tamén pode recibir o nome desa rexión dependendo da lexislación nacional.