Adínaton
Aparencia
O adínaton (do grego adynaton: a "non" (alfa privativa) e dynatón "posible"; plural: adynata) é unha figura retórica de pensamento que encerra un paradoxo e se considera encadrada dentro da hipérbole. Consiste na mención de cousas imposibles, moitas veces en enumeracións.
Exemplo
[editar | editar a fonte]- De "Mandei pedir noutro dia" (118,2 vv.18-21, III) de Pedro, conde de Barcelos:
- Eu nom foy homem de siso
- u m'as promessas faziam,
- duvidando ca verria[m];
- e entolha-xe-me riso
- de que o foy duvidando:
- poys ja sey que verram quando
- for Judas no Paraiso.