Adolfo Sánchez Díaz
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Adolfo Sánchez Díaz | |
---|---|
Nacemento | 1889 |
Betanzos | |
Falecemento | 15 de agosto de 1971 |
Betanzos | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | escritor e político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Adolfo Sánchez Díaz, nado en Betanzos cara a 1889 e finado na mesma vila o 15 de agosto de 1971,[1] foi un escritor e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Procurador dos tribunais. Foi secretario do concello de Bergondo en 1914. Colaborou en Nueva Era e Betanzos Liberal. Foi presidente do Liceo Recreativo de Artesanos. Foi alcalde de Betanzos do 1 de abril de 1922 ao 8 de xaneiro de 1923 e novamente loga da caída da ditadura de Primo de Rivera, do 15 de abril de 1930 ao 15 de marzo de 1931. Impulsou na década dos anos corenta o Banco Etcheverría, do que foi atá a súa morte presidente do consello de administración.
Predecesor: Domingo Etcheverría Naveyra |
![]() Alcalde de Betanzos 1922 - 1923 |
Sucesor: Domingo Etcheverría Naveyra |
Predecesor: ? |
![]() Alcalde de Betanzos 1930 - 1931 |
Sucesor: Víctor Cancela Noguerol |
Obras[editar | editar a fonte]
- La Saleta de Presedo, 1941.
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou con María Martínez Doval en 1914,[2] que finou en febreiro do ano seguinte.[3]