Adiante (Perpiñán)
Aparencia
Adiante | |
---|---|
Fundación | 1965 |
Editorial | Partido Socialista Galego |
Lingua | lingua galega |
Localidade | Perpiñán |
Descrito por | Enciclopedia Galega Universal e Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada |
[ editar datos en Wikidata ] |
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Adiante.
Adiante foi o voceiro do Partido Socialista Galego entre 1965 e 1976.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Grazas á colaboración do Moviment Socialista de Catalunya, con quen o Partido Socialista Galego establecera relación, comezouse a editar en Perpiñán a partir do mes de outubro de 1965. No primeiro número declárase: «Non somos marxistas. Somos socialistas europeos modernos. E non somos nacionalistas porque non somos reaccionarios». Ao principio é un periódico bilingüe; a partir de 1976 cambiou o seu título por Galicia Socialista e pasou a escribirse unicamente en galego. En 1988 pasou a chamarse Galiza Socialista.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Adiante". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- "Adiante". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Lorenzo, Ramallo e Casares (2008). Lingua, sociedade e medios de comunicación en Galicia pp. 25-26. Consello da Cultura Galega. ISBN 978-84-96530-52-2.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Delegación do "Consello de Galiza" en París. Prensa galega archivomunicipal.betanzos.net.
- Adiante Ano II, nº 1 (maio de 1966) Dipòsit digital de documents de la UAB (en catalán).