Addicted

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Addicted
Álbum de Sweetbox
Publicado1 de marzo de 2006
Duración43:46
Xénero(s)Pop, electrónico
Selo(s)Sony BMG
Producido porRoberto Geo Rosan
Cronoloxía
'After the Lights
(2004)
Addicted 'The Next Generation
(2009)

Addicted é o sexto álbum de estudio de Sweetbox e o quinto e último álbum de estudio con Jade Villalon á fronte da formación. Lanzouse o 1 de marzo de 2006 no Xapón e acadou un disco de ouro. A versión coreana inclúe un bonus DVD con cinco actuacións en directo. O álbum significou unha volta os sons dance do álbum Jade ao tempo que incorporaba tendencias máis novas.

Seis dos temas de Addicted compuxéronos Jade e Geo para Ayumi Hamasaki que os reelaborou e traduciu, presentándose aquí coas composicións, letras e melodías vocais orixinais. As versións de Hamasaki apareceron no álbum (Miss)understood. Addicted vendeu 121 397 discos e converteuse no 111 álbum por vendas no Xapón no 2006 [1].

Temas[editar | editar a fonte]

# Título Duración
1. Graceland 3:37
2. Addicted 2:52
3. Here Comes the Sun 3:09
4. Pride 3:26
5. Bold & Delicious 3:11
6. Every Step 2:48
7. Break Down 3:03
8. Dreams 2:52
9. Ladies Night 3:14
Edición xaponesa Edición europea Edición coreana
10. Vaya con Dios 2:49 10. Beautiful Girl 3:22 10. Beautiful Girl 3:22
11. Beautiful Girl 3:22 11. Over & Over 3:21 11. Over & Over 3:21
12. Over & Over 3:21 12. Million Miles 2:24 12. Million Miles 2:24
13. Happy Tears 3:38 13. Addicted (Boom Boom Remix) 3:29 13. Addicted (Boom Boom Remix) 3:29
14. Million Miles 2:24 14. Addicted (Pot Black Dirty Mix) 3:54 14. Addicted (Pot Black Dirty Mix) 3:54
The Winner Takes It All 4:33

Notas[editar | editar a fonte]

  1. ORICON 2006 Yearly Album Ranking Top200