Adamo Adami

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Adamo Adami da Castelplanio
Adamo Adami portrait 2.jpg
Abade da Igrexa católica latina
Abade xeral da Congregación Beneditina Silvestrina
1856 - 1872
PredecesorBenedetto Maggi
SucesorVincenzo Corneli

Adamo Adami, O.S.B. Silv., nado en Castelplanio en 1811 e finado en Castelplanio o 20 de xullo de 1889, foi un monxe católico latino, abade mitrado da Congregación Beneditina Silvestrina e participante no Concilio Vaticano Primeiro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en 1811.[1] En 1856 foi elixido abade xeral da súa congregación por un período de seis anos.[2] Durante o seu goberno o mosteiro de San Bieito de Fabriano, sede central da congregación, foi suprimido no marco das leis de comiso dos bens eclesiásticos: o 16 de marzo de 1861 os monxes foron expulsados do mosteiro e o abade retirouse á súa casa paterna de Castelplanio.[1][3]

En 1862 a Congregación debía celebrar o seu capítulo xeral para elixir novo abade, mais por mor dos trastornos ocasionados pola supresión o capítulo foi aprazado anualmente até 1872. Neste período o abade Adami foi padre conciliar no Concilio Vaticano Primeiro.[4] En 1872 a Congregación dos Bispos e Regulares permitiu o capítulo, que foi celebrado o 11 de xuño e no que foi elixido Vincenzo Corneli.[5] Adami finou en Castelplanio o 20 de xullo de 1889.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Paoli, Ugo; Monastero S. Silvestro Abate, eds. (1990). L' Archivio Storico del Monastero di San Silvestro in Montefano di Fabriano. Ministero per i beni culturali e ambientali. p. 33. ISBN 9788871250076. 
  2. "Abati generali a sessennio". Monaci Benedettini Silvestrini (en italiano). Consultado o 17/11/2018. 1856-1872 Adamo Adami da Castelplanio 
  3. Paoli, Ugo (1995). Silvestro Guzzolini e la sua Congregazione. Fabriano: Monastero San Silvestro Abate. 
  4. Catalogo alfabetico di tutti i padri del Concilio Io Ecumenico Vaticano. Osservatore Romano. 1870. p. 3. Adami Adamo, Abbate Mitrato Generale dei Silvestrini. 
  5. Paoli, Ugo; Monastero S. Silvestro Abate, eds. (1990). L' Archivio Storico del Monastero di San Silvestro in Montefano di Fabriano. Ministero per i beni culturali e ambientali. p. 74. ISBN 9788871250076.