Acrásidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Acrasida")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Mofos mucosos acrásidos
Acrasis rosea, amoeba e esporas
Acrasis rosea, amoeba e esporas
Clasificación científica
Reino: Excavata
Superfilo: Discicristata
Filo: Percolozoa
Cavalier-Smith 1991
Clase: Heterolobosea
Page & Blanton 1985
Orde: Acrasida
Familia: Acrasidae

Os acrásidos ou Acrasidae son unha familia[1] de protistas que pertencen ao grupo dos Percolozoa, orde Acrasida. Son un tipo de mofos mucosos, pero non están relacionados cos outros mofos mucosos clasificados como micetozoos. As células individuais aparecen na madeira, esterco, materia vexetal en descomposición e no solo. Viven como organismos descompoñedores, pero tamén se alimentan de bacterias e outros microorganismos.

Algúns autores consideran a este grupo coa categoría de reino, pero hai moito debate ao respecto.

O termo "Acrasiomycota" utilizouse para referirse a este grupo cando eran considerados fungos en lugar de protistas.

Reprodución[editar | editar a fonte]

Cando os recursos alimenticios e a auga chegan a un nivel limitante, estas amebas liberan feromonas como a acrasina para promover a agregación das células ameboides preparándose para moverse como un grande agregado (chamado grex) formado por miles de células. Cando no grex se reproducen as células ameboides orixinan corpos frutíferos formadores de esporas, que lembran ás dos fungos. As esporas dan lugar a individuos unicelulares.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Roger AJ, Smith MW, Doolittle RF, Doolittle WF (1996). "Evidence for the Heterolobosea from phylogenetic analysis of genes encoding glyceraldehyde-3-phosphate dehydrogenase". J. Eukaryot. Microbiol. 43 (6): 475–85. PMID 8976605. doi:10.1111/j.1550-7408.1996.tb04507.x. 
  • C.J. Alexopolous, Charles W. Mims, M. Blackwell et al., Introductory Mycology, 4th ed. (John Wiley and Sons, Hoboken NJ, 2004) ISBN 0-471-52229-5