"Achilles Last Stand"[1] é unha canción da banda británica de rockLed Zeppelin. Contida no seu sétimo álbum de estudio Presence. Lanzada o 31 de marzo de 1976, a canción abre o álbum Presence. Foi escrita por Jimmy Page e Robert Plant na casa de Page, en Malibú (California), onde botaron un mes mentres Plant se recuperaba das mancaduras que sufrira nun accidente de coche en Grecia en 1975. A canción foi entón gravada na Musicland Studios en Múnic, Alemaña.
Con 10 minutos e 25 segundos de duración, "Achilles Last Stand" é a terceira canción máis longa da banda, detrás só de "In My Time of Dying" con 11:06 e "Carouselambra" con 10:34. É famosa polo poderoso son de batería de John Bonham, o galopante baixo de John Paul Jones (tocado nun Alembic personalizado de oito cordas) e o overdub de arranxo de orquestra de Jimmy Page na guitarra (as pistas de guitarra foron gravadas en Múnic nunha única sesión). Page aplica o control de paso durante a produción desta canción para acelerala, unha das poucas veces que utilizou ese dispositivo no estudio para temas de Led Zeppelin.[2]