Aceiteira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A aceiteira é un xogo tradicional infantil galego.

Características[editar | editar a fonte]

Xogábano especialmente as nenas e consistía no seguinte: unha delas escolle o papel de nai mentres outra, a que panda, agacha a cabeza no seu colo sen poder ver onde están o resto das nenas, que se achegan dunha nunha cantando Aceiteira, vinagreira, chascorrás; amarrar, amarrar e non dar, dar sen dó, que morreu meu avó. Dar sen rir nin falar un belisquiño no cu e botar a fuxir ao tempo que unha lle amordica o cu. Unha vez que se acochan todas a que fai de nai pregunta: Están os paxariños na gaiola? ao que o resto das nenas responden: Están, si, señora ao que lle contesta a nai Boto a rede? retrousándolle as outras nenas: Alá vostede, bótea se quere, momento no que a que fai de nai ceiba a nena que estivo ata entón no seu colo e berra á nai, á nai! para que as que estaban agachadas corran cara a ela, se a que pandou atrapa algunha esta ocupa o seu posto.

Existe outra variedade do xogo no que a que pandou acusa a unha das nenas de lle dar a beliscada, gañando se acerta.

Con diferentes variedades era tamén un xogo tradicional en Asturias[1] e Aragón[2]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. José Luis García Arias: Aportaciones al folklore asturiano. BIDEA 86, 1975
  2. Fernando Maestro: Del tajo a la replaceta. Juegos y divertimentos del Aragón rural. Ediciones 94. Zaragoza, 1996, p.46.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]