Acción Republicana Democrática Española
Acción Republicana Democrática Española | |
---|---|
Acrónimo | ARDE |
Tipo | partido político español |
Data de fundación | 1959 |
Sede | Madrid |
País | España |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Acción Republicana Democrática Española (ARDE) é o nome dun partido político español creado nos anos sesenta do século XX como resultado do intento de unión de Izquierda Republicana e Unión Republicana, os dous partidos republicanos de maior importancia durante a Segunda República Española. Tras a restauración da democracia en España, concorreu ás eleccións locais de 1979 logrando o segundo posto en número de votos na cidade de Segorbe, polo que, co apoio do PSOE, conseguiu o primeiro e único alcalde republicano que gobernou un municipio español desde a época republicana. Na seguinte convocatoria electoral municipal conseguiu ser o partido máis votado na devandita localidade castellonenca.
Na actualidade apoia ao Club Republicano xunto a outros partidos deste signo entre os que se atopan Grupo Terceira República Española, Liberais pola República e Progresistas Federais.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes Arquivado 21 de abril de 2008 en Wayback Machine.
- A.R.D.E. Centro de Segorbe