Abzuya

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Abzuya foi unha cidade do Reino de Qadesh, probabelmente amurallada e non afastada da cidade de Qadesh.

Suttarna, que sobre o -1340 era rei de Qadesh (vasalo exipcio), e o seu fillo Aitaqqama sentíronse ameazados pola submisión de Qatna ao rei hitita Suppiluliumas I e a continuación da expedición deste cara ao sur, e atacaron aos hititas a pesar de que este non fixo ningún movemento para atacar Qadesh. O rei hitita derrotounos e entón refuxiáronse en Abzuya, cidade que foi asediada e conquistada polos hititas

Suttarna, o seu fillo e outros familiares (fillos, irmáns) foron feitos prisioneiros.