Abstract Wikipedia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Abstract Wikipedia é un proxecto da Fundación Wikimedia cuxo obxectivo é crear unha versión de Wikipedia independente da linguaxe utilizando datos estruturados de Wikidata.[1][2][3][4] Foi ideado por Denny Vrandečić, cofundador de Wikidata, nun documento de traballo de Google de abril de 2020, formalmente proposto en maio de 2020 (como Wikilambda) e aprobado pola Xunta Directiva da Fundación Wikimedia en xullo de 2020.[5][6][7] O nome é considerado provisional.[8]

Despois de dez anos de vida de Wikipedia e ante o declive dos seus editores, o fundador Jimmy Wales recoñeceu publicamente que os millóns de voluntarios que escriben os diversos artigos están a diminuír e é difícil atopar novos editores e os que estaban presentes vanse por causa das incesantes guerras de edición. Así por exemplo con Wikidata, agora permítese unha breve descrición de cada tema en calquera idioma e wiki, co único requisito de que un artigo estea nun só idioma.[9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Hill, Paul (13 de abril de 2020). "Wikidata founder floats idea for balanced multilingual Wikipedia". Consultado o 2 de xullo de 2020. 
  2. Čížek, Jakub (14 de abril de 2020). "Wikidata.org: Představte si databázi, ve které by jednou mělo být úplně všechno" (en checo). Consultado o 2 de xullo de 2020. 
  3. Noisette, Thierry (5 de xullo de 2020). "Abstract Wikipedia: un projet de traductions de l'encyclopédie depuis sa base de données" (en francés). Consultado o 6 de xullo de 2020. 
  4. Do, Phong (5 de xullo de 2020). "Dự án bách khoa toàn thư đa ngôn ngữ Abstract Wikipedia" (en vietnamita). Consultado o 6 de xullo de 2020. 
  5. Maher, Katherine. "Abstract Wikipedia/June 2020 announcement - Meta". 
  6. ""Abstract Wikipedia": Neues Projekt soll Wissen in alle Sprachen übersetzen" (en alemán). 6 de xullo de 2020. Consultado o 6 de xullo de 2020. 
  7. Rixecker, Kim (6 de xullo de 2020). "Abstract Wikipedia: Wie das Online-Lexikon eines seiner größten Probleme lösen will" (en alemán). Consultado o 6 de xullo de 2020. 
  8. "Abstract Wikipedia/Name". Meta-wiki. Consultado o 7 de xullo de 2020. 
  9. "ABSTRACT WIKIPEDIA, EL NUEVO PROYECTO DE LA FUNDACIÓN WIKIMEDIA". Hatsnew. Consultado o 29 de marzo de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]