Aboriginal Tent Embassy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 35°18′04″S 149°07′48″L / -35.30111, -149.13000

Aboriginal Tent Embassy.
Sinal de soberanía na Aboriginal Tent Embassy.

A Aboriginal Tent Embassy é unha asemblea semipermanente onde residiron activistas para representar os dereitos políticos dos aborixes australianos. Componse de sinais e tendas fronte á Antiga Casa do Parlamento de Canberra, a capital de Australia. Non é considerada oficialmente unha embaixada polo goberno de Australia.

Historia[editar | editar a fonte]

O 26 de xaneiro de 1972, catro homes aborixes (Michael Anderson, Billy Craigie, Tony Coorey e Bertie Williams) chegaron a Canberra dende Sydney para estabelecer a embaixada aborixe chantando unha antuca diante da daquela casa do Parlamento Australiano (hoxe a antiga sede do parlamento).[1] A embaixada estabeleceuse en resposta á coalición de goberno de McMahon que rexeitaba o recoñecemento dos dereitos das terras aborixes.

A antuca de praia foi substituída por numerosas tendas de aborixes e non aborixes que chegaron de tódalas partes de Australia para unirse á protesta. Durante os primeiros seis meses da súa vida en 1972 a embaixada conseguiu unir o pobo aborixe de toda Australia na esixencia de dereitos firmes sobre a terra nacional e mobilizou o apoio dos non indíxenas na súa loita. Entre os membros activos da embaixada de 1972 están Paul Coe, Gary Foley, Chicka Dixon, Gary Williams, John Newfong, Sam Watson, Pearl Gibbs, Roberta Sykes, Alana Doolan, Cheryl Buchannan, Pat Eatock, Kevin Gilbert, Denis Walker, Isobelle Coe e Shirley Smith.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Parliament of Australia, ed. (4 de abril de 2000). "Aboriginal Tent Embassy: Icon or Eyesore?". Canberra: Parliamentary Library. Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2013. Consultado o 31 de maio de 2010. 
  2. Australia Day under a beach umbrella, Collaborating for Indigenous Rights, National Museum of Australia

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]