Abhidhamma piṭaka

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Abhidhamma Pitaka»)

O Abhidhamma piṭaka é o terceiro piṭaka (ou cesto) do Tipiṭaka, o canon do budismo theravada, contén comentarios aos outros dous pitakas, consiste de sete leccións, escritas orixinalmente en pali entre o 400 e o 250 a.C.:

  1. Dhammasangani ("Enumeración de cualidades").
  2. Vibhanga ( "O Libro dos tratados").
  3. Kathavatthu ("Puntos de controversia").
  4. Puggalapannatti ("Descrición de individuos").
  5. Dhatukatha ("Discusión con relación aos elementos").
  6. Yamaka ("O Libro dos pares").
  7. Patthana ( "O Libro de relacións").

Outras escolas budistas tamén aceptan o Abhidhamma, pero danlle unha maior importancia aos sutras.