Abelardo Santorum
Abelardo Santorum | |
---|---|
Nacemento | 1921 |
Lugar de nacemento | Buenos Aires |
Falecemento | 1975 |
Lugar de falecemento | Ourense |
Ocupación | sacerdote e escritor |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Abelardo Santorum Alonso, nado en Buenos Aires en 1921 e finado en Ourense en 1975, foi un sacerdote e escritor galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou no Seminario de Ourense e na Universidade Pontificia de Salamanca. Foi párroco de San Fagundo de Cea e de Serantes. Poeta relixioso de tendencia clasicista, en 1968 publicou o libro Vía Crucis en lingua galega e en 1970 Remol do estrelecer. Deixou inéditos os libros O libro de Xob e Biografía dunha volvoreta.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Estévez Gómez, José Ramón (2011). "Abelardo Santorum, un gran poeta olvidado". Auriensia: publicación anual del Instituto Teológico "Divino Maestro" de la Diócesis de Ourense (14): 357–387.