Aa (cómic)
Aa (cómic) | |
---|---|
Publicado por | DC Comics |
Primeira aparición | Green Lantern Nº 21 (febreiro de 1992) |
Creado por | Gerard Jones e Pat Broderick |
Características | |
Estado | Descoñecido |
Afiliacións actuais | Darkstars |
Afiliacións anteriores | Corps |
Habilidades | Poderes cósmicos |
Aa é un personaxe de ficción pertencente á DC Comics. Foi creado por Gerard Jones e Pat Broderick e a súa primeira aparición foi no cómic Green Lantern (vol. 3) N° 21 (febreiro de 1992). Orixinalmente, Aa foi un membro da forza policial intergaláctica chamada Green Lantern Corps pero rematou renunciando a este grupo.
Historia
[editar | editar a fonte]Aa é orixinaria do planeta chamado Stoneworld (literalmente Mundo de pedra) e pertencente a unha raza de pedra pómez. Foi elixida xunto a Kworri, proveniente do mesmo planeta, pola Lanterna Verde Brik para unirse ós Corps, pero foron capturados xunto a Hal Jordan por un mercenario. Este ser, chamado Flicker, quería vendelos como escravos para loitar nunha guerra interestelar.[1]
Despois de escapar deste mercenario, os Lanternas Verdes descubriron que este tamén capturara a unha vella inimiga de Hal Jordan, Zafiro Estelar. A pesar da desconformidade de Aa, o grupo decidiu ir a rescatala, e xunto Hal Jordan decidiu que no curso da misión definiría quen, entre Aa e Kworri, sería máis apto para unirse ós Corps. Durante a misión, Aa non seguiu as ordes de Jordan e, aínda que puño en perigo a vida de Zafiro Estelar, eventualmente lograron salvala e fuxir. Jordan decidiu que lle daría o anel a Aa, pois pensou que o candidato no debía ser simplemente leal como Kworri, senón que debía ter a forza como para poder cuestionar as decisións dos seus compañeiros.[2]
Xa como Lanterna Verde, Aa foi preparada por Kilowog e participou en varias misións cos Corps, destacando unha invasión dun exército de Qward a Oa e unha batalla contra a encarnación de Entropía. Despois desta misión, cansada da división entre varios membros dos Corps e considerando que ela non podía basear a súa vida na fe, Aa deixou o grupo.[3]
Pouco tempo despois, Aa, se uniu a outro grupo cósmico, os Darkstars (Estrelas Negras),[4] xa que, o contrario dos Guardianes del Universo que lideran a os Lanternas Verdes, os Controladores, líderes dos Darkstars, non lles pedían os seus membros que creran na súa omnisciencia, dándolles unicamente a misión de protexer planetas.
Como parte dos Darkstars, a tivo conflitos cos Corps. A pesar diso, Hal Jordan aínda sentíase impresionado por Aa e mantivo por un tempo a esperanza de traela de volta os Corps.
Dende que Hal Jordan converteuse en Parallax no se sabe nada sobre as actividades de Aa e a súa situación actual se descoñece.
Poderes e armas
[editar | editar a fonte]- Como parte do Green Lantern Corps, Aa recibía os seus poderes do seu anel de poder, que tiña como única debilidade a cor amarela.
- Como parte dos Darkstars ten unha variedade de poderes cósmicos.