Saltar ao contido

A bacanal dos andrios

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A bacanal dos andrios
ArtistaTiziano
Data1487-1576
Técnicaóleo sobre táboa
Dimensións175 cm × 193 cm
LocalizaciónMuseo do Prado (Madrid)

A bacanal dos andrios (en italiano: Il Baccanale degli Andrii) é un cadro do pintor italiano Tiziano. Está realizado en óleo sobre lenzo, e foi pintado contra o 1518-1519, atopándose no presente no Museo do Prado, en Madrid, España.

Esta obra foi un encargo de Alfonso d'Este, duque de Ferrara, para a decoración do Camerino de alabastro, unha estancia do castelo ducal. Formaba conxunto con outras dúas pinturas do mesmo artista, Ofrenda a Venus (Museo do Prado) e Baco e Ariadna (National Gallery de Londres).[1] Este conxunto decorativo incluía obras doutros autores, como O festín dos deusus de Giovanni Bellini (National Gallery de Washington), que Tiziano houbo de terminar por defunción deste, así como algunha outra que non subsistiu. O duque encargou obras a Fra Bartolommeo e a Rafael Sanzio, pero salvo algúns bosquexos, non se chegaron a realizar.

  1. L. Cirlot (dir.), Museo del Prado II, Col. «Museos del Mundo», Tomo 7, Espasa, 2007. ISBN 978-84-674-3810-9, páxs. 152-153

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]