Saltar ao contido

A Sunny Day in Glasgow

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Sunny Day in Glasgow
OrixeFiladelfia, Pensilvania,
Período2006 - presente
Xénero(s)dream pop, shoegazing, ambient
Selo(s) discográfico(s)Mis Ojos Discos, Geographic North, Lefse Records
MembrosBen Daniels
Josh Meakim
Annie Fredrickson
Jen Goma
Ryan Newmyer
Adam Herndon
Antigos membrosEver Nalens
Robin Daniels
Lauren Daniels
Brice Hickey
Mich White
Jason Trill
Pete Leonard
Ryan Mitchell
Na rede
asunnydayinglasgow.com
Facebook: asunnydayinglasgow MySpace: sunnydayinglasgow Spotify: 6ri0XKbaMvGEQ6r7fSee8g Last fm: A+Sunny+Day+In+Glasgow Musicbrainz: 73571028-9318-4090-ab36-c111974e195b Songkick: 143336 Discogs: 928251 Allmusic: mn0001747431 Editar o valor en Wikidata

A Sunny Day in Glasgow é unha banda de dream pop de Filadelfia e Brooklyn nos Estados Unidos e Sydney, Australia. Formado no ano 2006, o grupo tivo moitos cambios na súa composición dende entón, sendo Ben Daniels o único membro constante. Dende o ano 2010 a banda está composta por Ben Daniels, Josh Meakim, Annie Fredrickson, Ryan Newmyer, Adam Herndon, e Jen Goma.

A Sunny Day in Glasgow comezou como unha colaboración entre os amigos Ben Daniels e Ever Nalens, que regresaran a Filadelfia pouco antes tras varios anos no Reino Unido.[1] O nome da banda púxollo Nalens, que estivera vivindo en Glasgow, e Daniels mantívoo cando Nalens deixou o proxecto.[2] Daniels tamén preguntoulle ás súas irmás xemelgas, Robin e Lauren, para que cantasen as cancións nas que estaba traballando.

En marzo de 2006 a banda xuntou varios temas e publicounos nun EP titulado The Sunniest Day Ever. O EP tivo algunha repercusión nas radios universitarias, chegando ao número 1 da emisora da Universidade de Nova York, a WNYU, e recibindo recensións favorables de páxinas como Pitchfork Media.[1][3]

En 2006 a banda fichou por Notenuf Records e a través deste selo lanzou o seu álbum de estrea, Scribble Mural Comic Journal, en febreiro de 2007. O disco foi moi ben acollido, dándolle Pitchfork Media un "8.0" e unha valoración de "recomendado",[4] mentres que Drowned in Sound deulle un "9/10" e chamouno "contendente ao álbum do ano".[5] O grupo recompilou descartes de anteriores sesións de gravación e lanzounas como o Tout New Age EP no verán de 2007.

En 2009 o grupo lanzou o seu segundo álbum de estudio, Ashes Grammar. Durante o proceso de gravación, a banda pasou por varios cambios na formación. O primeiro deses cambios chegou cando o baixista Brice Hickey caeu ao cargar equipamento no seu coche, rompendo varios ósos das pernas. Isto fixo que Ben Daniels gravase as partes de baixo para o disco, pero tamén significou que a vocalista Robin Daniels tivese que marchar para coidar do encamado Hickey, que é o seu mozo. Lauren Daniels tamén tivo que deixar o grupo debido a que realizaba estudos de potgrao en Colorado, forzando a Ben Daniels e ao guitarrista/batería Josh Meakim a recrutar á cantante Annie Fredrickson, que tamén era unha cjhelista e pianista con formación clásica.[6] Tras a gravación do álbum, Ryan Newmyer uniuse como baixista e o amigo de Meakim Adam Herndon como batería.

O 24 de xuño de 2014 A Sunny Day in Glasgow publicou o seu cuarto álbum de estudio, Sea When Absent.

Discografía

[editar | editar a fonte]
Álbum Ano Selo
Scribble Mural Comic Journal 2007 Notenuf
Ashes Grammar 2009 Mis Ojos Discos
Autumn, Again 2010 auto-editado
Sea When Absent 2014 Lefse Records
Planning Weed Like It's Acid / Life Is Loss 2015 auto-editado
  1. 1,0 1,1 "A Sunny Day in Glasgow Songs, Albums, Reviews, Bio & More". AllMusic (en inglés). Consultado o 2024-01-15. 
  2. "Ben Daniels of A Sunny Day in Glasgow – Impose Magazine". www.imposemagazine.com. Consultado o 2024-01-15. 
  3. "Pitchfork: A Sunny Day in Glasgow: "C'mon" [Track Review]". web.archive.org. 2007-06-03. Arquivado dende o orixinal o 03 de xuño de 2007. Consultado o 2024-01-15. 
  4. "A Sunny Day in Glasgow: Scribble Mural Comic Journal: Pitchfork Record Review". web.archive.org. 2007-10-11. Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2007. Consultado o 2024-01-15. 
  5. "Drowned in Sound - Reviews - Album - A Sunny Day In Glasgow". web.archive.org. 2007-11-03. Arquivado dende o orixinal o 03 de novembro de 2007. Consultado o 2024-01-15. 
  6. "A Sunny Day in Glasgow share first MP3 from Ashes Grammar". Force Field (en inglés). 2009-07-27. Consultado o 2024-01-15. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]