Augmented Target Docking Adapter

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «ATDA»)
ATDA / Augmented Target Docking Adapter / Gemini 9 Target B
O ATDA en órbita, coa cofia acoplada.
TipoTecnolóxico.
OrganizaciónNASA
Satélite deTerra
Data de lanzamento1 de xuño de 1966[1][2][3][4]
Foguete portadorAtlas SLV-3[2][5]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial de Cabo Cañaveral[2][6]
Obxectivo da misiónObxectivo para a misión Gemini 9.[2]
Decaemento11 de xullo de 1966[1]
NSSDC ID1966-046A
Masa794,0 kg[5]
DimensiónsCilindro de 1,52 m de diámetro e 3,3 m de longo[2]

Augmented Target Docking Adapter, coñecido tamén polo seu acrónimo ATDA, foi un vehículo espacial non tripulado usado como obxectivo para cita espacial da misión Gemini 9. Foi lanzado o 1 de xuño de 1966 desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral mediante un foguete Atlas SLV-3.[2][4][5][6]

Características[editar | editar a fonte]

O ATDA foi preparado como apoio en caso de fallo do vehículo de cita principal, o Gemini Agena Target Vehicle, como así ocorreu. O ATDA tiña forma de cilindro de 1,52 m de diámetro e 3,33 m de longo. Tiña un adaptador de acoplamento nun dos extremos e un sistema de comunicacións, control e comando a bordo, así como luces de posición.[2][4][5][6]

Tras o lanzamento, o ATDA foi posto nunha órbita circular de 304 km de altura. A telemetría indicou que a a cofia separarase pero non fora exectada. Os astronautas da Gemini 9 confirmárono, con Tom Stafford describindoo como parecendo un aligátor enfadado. Análises posteriores descubriron que o problema foi a mala colocación de cordeis mal instalados na cofia.[2][4][5][6]

A Gemini 9 achegouse ata 8 m do ATDA e aínda que se considerou a posibilidade de que os astronautas soltaran a cofia a man finalmente desbotouse por demasiado perigosa. Os plans de voo modificáronse para que a Gemin 9 fixera dúas manobras máis de cita co ATDA antes de volver a terra. O ATDA en si reentrou na atmosfera o 11 de xullo de 1966.[2][4][5][6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "ATDA" (en inglés). Consultado o 11 de xullo de 2018. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 NASA (21 de marzo de 2017). "Gemini 9 Target B" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 11 de xullo de 2018. 
  3. "Information Furnished in Conformity with General Assembly Resolution 1721 B (XVI) by States Launching Objects into Orbit or Beyond" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (66-21534): 2. 2 de setembro de 1966. Consultado o 11 de xullo de 2018. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Claude Lafleur (2018). "ATDA / TDA 4" (en inglés). Consultado o 11 de xullo de 2018. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Gunter Dirk Krebs (2018). Gunter's Space Page, ed. "ATDA" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 28 de agosto de 2016. Consultado o 11 de xullo de 2018. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Mark Wade (2018). "Atlas Target Docking Adapter" (en inglés). Consultado o 11 de xullo de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]