ASCAMP
ASCAMP | |
---|---|
Función | Foguete sonda |
fabricante | Cooper Development Corporation[1] |
país de orixe | Estados Unidos |
Tamaño | |
altura | 5,58 m[1] |
diámetro | 0,17 m[1] |
masa | 160 kg[1] |
Etapas | 2[2] |
foguetes derivados | |
Familia | Asp (foguete) |
Lanzamento históricos | |
Estado | Fóra de produción[2] |
Total de lanzamentos | 27[2][3] |
exitosos | 26[2][3] |
fallos | 1[2][3] |
Voo inaugural | 1 de agosto de 1958 |
Último voo | 12 de agosto de 1958 |
[ editar datos en Wikidata ] |
ASCAMP foi o nome dun modelo de foguete sonda estadounidense usado en 27 lanzamentos ao longo de 1958.[2][3][1]
Características
[editar | editar a fonte]ASCAMP foi deseñado e construído por Cooper Development Co. por encargo do exército dos Estados Unidos para ser usado exclusivamente durante as probas nucleares Hardtack Teak e Hardtack Orange co fin de recoller datos atmosféricos. As probas tiveron lugar o 1 e o 12 de agosto de 1958, usándose 13 ASCAMP durante a primeira e 14 (cun lanzamento fallado) durante a segunda.[2][3][1]
Os foguetes ASCAMP estaban formado por dúas etapas: unha primeira Asp e unha segunda Baby Sergeant. Tiñan unha lonxitude de 5,58 m, un diámetro de 16,5 cm e unha masa duns 160 kg, chegando a unha altura máxima duns 100 km. Os foguetes engalaban desde unha lanzadeira semiautomática debido á súa proximidade á zona das detonacións nucleares.[2][3][1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Andreas Parsch (2006). "Cooper Development Asp / Ascamp / Nike-Asp / Terrier-Asp" (en inglés). Consultado o 13 de agosto de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 Mark Wade (2022). "ASCAMP" (en inglés). Consultado o 13 de agosto de 2022.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "ASCAMP" (en inglés). Consultado o 13 de agosto de 2022.