Sistema APG III
O sistema de clasificación APG III é a terceira versión do sistema para a clasificación das anxiospermas seguindo criterios filoxenéticos.
Foi publicado en 2009 por un vasto grupo de investigadores que se autodenominou «APG III» (do inglés Angiosperm Phylogeny Group, é dicir, «grupo para a filoxenia das anxiospermas»). Esta versión sucede e substitúe as versións publicadas en 1998 (denominada Sistema APG I), e en 2003 (APG II).
En 2016 foi substituído pola última versión do sistema até agora, chamado APG IV.
Historia
[editar | editar a fonte]Este sistema de clasificación de plantas é diferente das anteriores aproximacións ao ordenamento das anxiospermas, que estaban baseadas principalmente en criterios morfolóxicos. O sistema APG III, ao igual que as dúas versións anteriores, baséase en datos moleculares —secuencias de ADN do núcleo celular, das mitocondrias e dos cloroplastos— e na análise filoxenética dos mesmos. Intenta, deste modo, ordenar a diversidade das anxiospermas sobre a base da súa filoxenia, é dicir, recuperando a evidencia dunha serie de eventos únicos que comprende a historia evolutiva deste grupo de plantas. A través da filoxenia pódese comezar a entender a diversificación, as regularidades nos patróns da evolución, ou simplemente suxerir cambios evolutivos individuais dentro dun clado. Deste xeito descubríronse relacións entre as anxiospermas que obrigaban a desbotar moitas hipóteses longamente aceptadas acerca da súa evolución. Debido a que a árbore filoxenética que se desprendeu das análises da filoxenia mostraba relacións entre grupos de plantas moi diferentes alo que se hipotetizara previamente (por exemplo, que a anxiosperma basal era Amborella), os botánicos víronse obrigados a refacer de forma drástica a clasificación das plantas. O esforzo conxunto derivou nas publicacións asinadas polos tres sucesivos APG.[1]
O APG III ordenou e agrupou ás anxiospermas en 415 familias, a mayor parte das cales están incluídas nalgunhas das 59 ordes aceptadas por este sistema. Tales ordes, á súa vez, distribúense en clados.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Stevens, P. F. (2001 en adiante): Angiosperm Phylogeny Website Versión 9. Xuño de 2008 e actualizado desde entón. Consultado o 5 de xullo de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- The Angiosperm Phylogeny Group III ("APG III"): Brigitta Bremer, Kåre Bremer, Mark W. Chase, Michael F. Fay, James L. Reveal, Douglas E. Soltis, Pamela S. Soltis e Peter F. Stevens, ademais colaboraron Arne A. Anderberg, Michael J. Moore, Richard G. Olmstead, Paula J. Rudall, Kenneth J. Sytsma, David C. Tank, Kenneth Wurdack, Jenny Q.-Y. Xiang e Sue Zmarzty) (2009). "An update of the Angiosperm Phylogeny Group classification for the orders and families of flowering plants: APG III.". Botanical Journal of the Linnean Society (161): 105–121. Arquivado dende o orixinal o 25 de maio de 2017. Consultado o 5 de xullo de 2020.