AMD
AMD | |
---|---|
Tipo | negocio, empresa e empresa tecnolóxica |
Data de fundación | 1 de maio de 1969 |
Fundador(es) | Jack Gifford, Jerry Sanders e Edwin Turney |
Director/a | Lisa Su |
Nº de empregados | 15.500 (2021) |
Organización subsidiaria | SeaMicro, ATI Technologies e Xilinx |
Sede | Sunnyvale e Santa Clara |
País | Estados Unidos de América |
Na rede | |
https://www.amd.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
AMD (Advanced Micro Devices, Inc) é unha empresa coñecida mundialmente pola fabricación de microprocesadores tanto para uso doméstico como para grandes servidores. Nun principio AMD fabricaba "copias" dos procesadores de Intel, pero a fins dos 90 cambiou de estratexia e coa aparición dos denominados K-6 comparables cos Pentium II de Intel, comezou unha nova época na que aínda melloraría os procesadores de Intel. Así, na actualidade e coa aparición dos procesadores de dobre núcleo coñecido como "Dual Core", os procesadores AMD superan en tódalas probas, incluídas as multimedia (que son as que máis se lle resisten), aos procesadores Intel.
Historia
[editar | editar a fonte]Jerry Sanders e sete amigos crearon AMD o 1 de maio de 1969, nese ano comezou a producir circuítos lóxicos. En 1975 entrou no mercado dos chips de RAM co Am9102, nese ano tamén desenvolveron grazas á enxeñería inversa, un circuíto clon do Intel 8080, o AMD 8080.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: AMD |