Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «AECID»)
Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento
Sede do organismo
Información xeral
Formación 11 de novembro de 1988
Sede central Madrid
Director Aina Calvo
Sitio web
http://www.aecid.es

A Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento, en castelán Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo (AECID), é unha Axencia Estatal de España, creada en novembro de 1988 como órgano de xestión da política española de cooperación internacional para o desenvolvemento e dirixida á loita contra a pobreza e o desenvolvemento humano sostible.[1]

Está adscrita ao Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación de España a través da Secretaría de Estado de Cooperación Internacional y para Iberoamérica y el Caribe (SECIPIC).

A estrutura externa da AECID está formada por Oficinas de Cooperación Técnica (OTC), Centros Culturais (CC) e Centros de Formación (CF), situados nos países onde desenvolve as súas actividades. En total, a Axencia ten máis de mil traballadores, tanto na sede como nos seus centros no estranxeiro e está presente en 33 países.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo". cooperacionespanola.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 29/09/2018. Consultado o 15/9/2016. 
  2. "Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo (AECID)". www.exteriores.gob.es. Arquivado dende o orixinal o 25/07/2018. Consultado o 15/9/2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]