A1C

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
O astronauta Ed White vestido un traxe A1C para a misión Apolo I.

A1C foi o nome dun traxe espacial presurizado pensado para usar nas misións do bloque I do proxecto Apollo e deseñado a partir do traxe G4C usado no programa Gemini. O traxe nunca chegou a voar debido á cancelación das misións Apolo do bloque I polo accidente que levou á morte dos astronautas da misión Apollo 1 na rampla de lanzamento durante unhas probas en terra.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Mark Wade (2011). "A1C" (en inglés). Consultado o 25 de febreiro de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Ertel , Ivan D; Morse , Mary Louise; et al. (1966-1974). "The Apollo Spacecraft Chronology" I–IV.