53 días de invierno
53 días de inverno | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | 53 días de invierno |
Director | Judith Colell Axudante de dirección: Rubén Goldfarb |
Produtor | Quique Camín |
Guión | Gemma Ventura |
Intérpretes | Mercedes Sampietro Alex Brendemühl Celso Bugallo Joaquim de Almeida Maria de la Pau Pigem |
Música | Bingen Mendizabal |
Fotografía | Sergi Gallardo |
Montaxe | David Gallart |
Estrea | 2006 |
Duración | 91 min. |
Orixe | España |
Xénero | Drama |
Na rede | |
53 días de invierno é un filme español dirixido pola catalá Judith Colell. Estreouse no Festival de Cine de San Sebastián no 2006.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Tres persoas áchanse nunha noite de inverno na parada dun autobús. Os tres asisten ao abandono dun can. Mila (Mercedes Sampietro), unha profesora de instituto que estivo un ano de baixa tras sufrir unha agresión por parte dun dos seus alumnos; Celso (Àlex Brendemühl), garda xurado, casado, pai dun fillo e con graves problemas económicos, e que está a piques de saber que vai ter dous xemelgos; e Valeria (Aina Clotet), estudante de violoncello, cunha turbia relación familiar e amorosa.
Os tres iniciarán unha viaxe á deriva que os levará a enfrontarse aos seus medos e frustracións e a tomar cada un deles unha decisión ao límite que cambiará as súas vidas.