360º visión envolvente

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Información presentada ao condutor no sistema de navegación
Interface común do sistema

360º visión envolvente (tamén coñecida como "Omniview technology" ou vista de paxaro "bird view technology") é unha tecnoloxía de ADAS asociada á instalación de catro ou máis cámaras na fronte, laterais e parte traseira do chasis dun vehículo. A súa saída ao mercado data de 2007.[1]

Descrición[editar | editar a fonte]

A funcionalidade de 360º visión envolvente forma parte dos sistemas de asistencia ao aparcamento, co principal obxectivo da cobertura dos puntos mortos resultantes da falta de visión total do condutor e dos espellos. A partir de, como mínimo, catro cámaras con obxectivo de ollo de peixe situadas dúas debaixo dos espellos, unha na ponte dianteira e outra na traseira para cubrir 360º ao redor do vehículo o sistema de software embebido corrixe a distorsión destas lentes para presentalas por pantalla ao condutor sobre unha superfice plana cun .png do vehículo real no centro.

Un método de unión de imaxes modula unha transición suave entre imaxes adxacentes. Posteriormente un bloque de post-procesamento axusta a balanza de brillo para compesar diferenzas sistémicas entre as distintas condicións de exposición das catro cámaras. En suma imaxes superpostas en forma de gráficos (liñas, textos, polígonos ...) axudan ao condutor a finalizar a manobra: o túnel que produce o xiro do volante, información de velocidade, a distancia entre rodas etc ...[2]

Enlaces externos[editar | editar a fonte]

Provedores industriais (Tier1) da tecnoloxía de Omniview :

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. https://www.engadget.com/2007/09/17/infinitis-ex35-around-view-monitor-system-makes-windows-redunda/ 360º visión envolvente
  2. M., Yu; G. and Commer, Ma (2014). 360° Surround View System with Parking Guidance. SAE international.