*shels

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
  • shels
OrixeLondres e California, Inglaterra, Flag of the United States.svg
Período2003 - presente
Xénero(s)rock progresivo, post-rock, post-metal, shoegazing
Selo(s) discográfico(s)Shelsmusic
Artistas relacionadosMarch of the Raptors, Ancients, Mahumodo, Eden Maine, Fireapple Red, Devil Sold His Soul
Páxina webhttps://myspace.com/shels

*shels é unha banda británico-estadounidense de rock progresivo formada en 2003. A banda ten sido descrita como un supergrupo da escena underground británica, xa que tivo en varias ocasións entre os seus compoñentes a membros de grupos como Mahumodo, Devil Sold His Soul, Eden Maine e Fireapple Red.

Historia[editar | editar a fonte]

A banda formárona en 2003 o vocalista e compositor Mehdi Safa e o batería Tom Harriman despois da separación do seu anterior grupo, Mahumodo.[1] *shels colleu o seu nome do EP de 1999 de Mahumodo chamado Shels. A banda publicou o EP Wingsfortheirsmiles en 2004 a través do selo Shelsmusic, unha discográfica fundada por Safa en 2002.[2] *shels publicou o seu álbum de estrea, Sea of the Dying Dhow, o 18 de xuño de 2007 en colaboración con Undergroove Records.[3] O disco recibiu críticas positivas[4][5] e foi nomeado un dos mellores álbums de 2007 pola revista Rock Sound.[6] A banda xirou polo Reino Unido en xuño e xullo dese ano para promocionar o álbum, actuando con varios grupos como Bossk e The Ghost of a Thousand. A xira incluíu unha actuación no GuilFest, onde a banda compartiu escenario con My Vitriol e Zico Chain.[7]

O segundo EP da banda, Laurentian's Atoll, foi publicado en novembro de 2007. Este estaba formado por versións remasterizadas das tres cancións de Wingsfortheirsmiles, catro novas gravacións e unha versión estendida de "water", do álbum Sea of the Dying Dhow. A banda comezou unha segunda xira británica en novembro de 2008, que incluíu unha actuación no Damnation Festival, onde compartiu escenario con Cathedral e Devil Sold His Soul.[8] O día 27 de xuño de 2011 *shels editou o seu segundo álbum de estudio, Plains of the Purple Buffalo.

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums de estudio[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo
Sea of the Dying Dhow 2007 Undergroove, Shelsmusic
Plains of the Purple Buffalo 2011 Shelsmusic

EPs[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo
Wingsfortheirsmiles 2004 Shelsmusic
Laurentian's Atoll 2007 Undergroove, Shelsmusic

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "INTERVIEW - Mehdi Safa (*shels) | LOVE-IT-LOUD.com". web.archive.org. 2011-01-06. Consultado o 2019-10-26. 
  2. Debibel (ed.). "Interview: Mehdi Safa (shelsmusic)". Consultado o 4 de xaneiro de 2018. 
  3. Discogs (ed.). "*Shels ‎– Sea Of The Dying Dhow". Consultado o 4 de xaneiro de 2018. 
  4. "*shels - Sea of the Dying Dhow (album review ) | Sputnikmusic". www.sputnikmusic.com. Consultado o 2019-10-26. 
  5. "Blistering.com Review: *Shels - Sea Of The Dying Dhow". archive.is. 2012-07-20. Consultado o 2019-10-26. 
  6. "Top 75 Albums of 2007". Rock Sound (104): 24. 25 de decembro de 2007
  7. "Guilfest 2007 lineup". web.archive.org. 2012-02-25. Consultado o 2019-10-26. 
  8. "Damnation Line-up Unravels". Rock Sound (114): 10. Outubro de 2008