Über die Fechtkunst und den Ringkampf

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Über die Fechtkunst und den Ringkampf[1] é un manuscrito de artes marciais ou de esgrima tradicional, seguindo as técnicas de Johannes Liecthtenauer, realizado por Hans Czynner en Passau en 1538 [2] que se conserva na biblioteca da Universidade de Graz coa signatura ou código de catalogación Ms.963. O manuscrito, que non foi acabado, amosa dúas partes ben diferenciadas, a primeira contén 96 ilustracións con instrucións para a loita de espada e daga con armadura, nesta primeira parte inclúese unha sección de corpo a corpo con só texto pero con espazo para debuxos que nunca se realizaron. A segunda parte pola contra só inclúe texto e non é texto orixinal senón copias de tratados atribuídos a Jud Lew, Martin Huntfeltz, Andre Liegniczer que tratan sobre a esgrima de a cabalo, a esgrima con armadura e a loita corpo a corpo con armadura. E moitas páxinas en branco rematando cun sumario da autoría de Hans Czynner.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Vídeo onde se recrean algunhas das técnicas do manuscrito