Ángel Bernárdez Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ángel Bernárdez Rodríguez
Nacemento8 de outubro de 1859
 Xixón
Falecemento3 de abril de 1935
 Vigo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista
editar datos en Wikidata ]

Ángel Bernárdez Rodríguez, nado en Xixón o 8 de outubro de 1859 e finado en Vigo o 3 de abril de 1935[1], foi un xornalista galego

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De ascendencia paterna galega, aos oito anos trasladouse a Vigo onde viviu e traballou. Empezou a carreira xornalística en La Propaganda, foi redactor de Diario de Vigo e La Coalición Republicana, colaborou en La Víbora, foi director de La Vanguardia e La Federación e redactor xefe de Faro de Vigo. Dirixiu a sección de pesca e conservas de El Financiero de Madrid, e realizou unha intensa campaña en favor das industrias pesqueira e conserveira de Galicia na Revista Nacional de Economía. Foi correspondente en Galicia de La Prensa de Buenos Aires, do Daily Mail de Londres, e do Berliner Lokalanzeiger de Berlín. Escribiu o apartado "La pesca en Galicia" do libro Generalidades de la geografía de Galicia. Foi presidente da Asociación da Prensa de Vigo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Pueblo Gallego, 5-4-1935, p. 3.