Álvaro Domínguez Benavides
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1902 Ponteareas, España |
Morte | 1977 (74/75 anos) Venezuela |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | médico, farmacéutico |
Familia | |
Pai | Manuel Domínguez Sánchez |
Irmáns | Manuel Domínguez Benavides José Domínguez Benavides |
Álvaro Domínguez Benavides, nado en Ponteareas en 1902 e finado en Venezuela en 1977, foi un médico e farmacéutico galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo do médico de Ponteareas Manuel Domínguez Sánchez e irmán de Manuel Domínguez Benavides. Estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela licenciándose en 1926. Foi médico en Ponteareas. En 1935 obtivo a licenciatura en farmacia na USC.[1] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 exerceu un tempo en Ponteareas como médico e analista ata exiliarse en Venezuela en 1942. En Venezuela traballou como médico rural en Grita-Zulia ata o seu falecemento. Visitou Galicia en 1957 e 1963.[2][3]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou en Vigo con María de la Asunción Pino Bernal en 1926.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Simón Lorda, David (2010). "Os nomes do exilio (médico, republicano, galego)" (PDF). Cadernos de Atención Primaria 17: 264–270. Consultado o 5 de decembro de 2020.