Saltar ao contido

Àgueda Micó

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaÀgueda Micó

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(ca) Àgueda Micó i Micó Editar o valor em Wikidata
11 de outubro de 1978 Editar o valor em Wikidata (45 anos)
L'Olleria, España Editar o valor em Wikidata
Deputada de España
Representa: Compromís-Sumar

17 de agosto de 2023 –

Circunscrición electoral: Valencia

Voceira de Compromís
22 de xullo de 2016 –
← Enric Morera i Català
Secretaria Xeral de Més - Compromís
22 de maio de 2016 – 9 de setembro de 2023 (dimisión)
← Enric Morera i Català, secretaria xeral do BLOC Nacionalista ValenciàAmparo Piquer Carbonell →
Secretaria de Organización do Bloc Nacionalista Valencià
1 de outubro de 2012 – 22 de maio de 2016
← Josep Lluís Melero MartíAmparo Piquer Carbonell →
Concelleira de L'Olleria
14 de xuño de 2003 – 13 de xuño de 2015
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor em Wikidata
Partido políticoBloc Nacionalista Valencià (–2021)
Més - Compromís (2021–) Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá e lingua catalá Editar o valor em Wikidata

Twitter: aguedamico Editar o valor em Wikidata

Àgueda Micó i Micó, nada en L'Olleria o 11 de outubro de 1978, é unha política valenciana, secretaria xeral de Més-Compromís (antes, Bloc Nacionalista Valencià) e deputada da XV lexislatura das Cortes Xerais por Valencia polo partido Compromís, dentro da coalición Sumar, da cal é voceira adxunta.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Os seus inicios políticos atópanse no eido local, sendo concelleira na súa localidade (2003-2015).[2][3] Malia formar parte dos sectores críticos coa xestión do secretario xeral Enric Morera, Àgueda Micó accedeu á executiva do Bloc como secretaria de Organización en 2012.[2] Dende entón, participou nas negociacións do Pacto do Botánico, e nas negociacións para un posible acordo de goberno na XI lexislatura española.[4]

No VII Congreso do Bloc, presentouse como candidata a secretaria xeral co apoio de Enric Morera i Català,[5] sendo elixida finalmente, nunha coordinadora onde integrou ao posible candidato alternativo Rafel Carbonell, e que recibiu o 87 % dos votos.[1]

En 2021 revalidou o mandato no marco do congreso de refundación do Bloc que pasou a denominarse Més-Compromís. Este congreso (o VIII do antigo Bloc) supuxo unha reformulación cara a posicionamentos menos nacionalistas recibindo a contestación interna encabezada por Alexandre Ruiz que disputou a dirección do novo partido. Micó gañou o congreso co 61,7 % dos votos.

En xuño de 2023 anunciouse que sería a cabeza de lista de Compromís-Sumar pola provincia de Valencia, de cara ás eleccións ao congreso dos deputados do 23 de xullo de 2023.[6] Tras os comicios, foi elixida deputada e designada voceira adxunta do Grupo Parlamentario Plurinacional Sumar.[7]

Notas[editar | editar a fonte]