Saltar ao contido

Tom Meighan: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
FleaRHCP (conversa | contribucións)
Nova páxina: "{{Artista musical | nome = Tom Meighan | imaxe = 200px | lenda = Tom nun concerto en Francia en..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 4 de febreiro de 2012 ás 21:37

Modelo:Artista musical Thomas Peter Meighan, nado o 11 de xaneiro de 1981 en Leicester, é un músico inglés, coñecido por ser o vocalista da banda de indie rock Kasabian.

Biografía

Meighan é o vocalista de Kasabian dende o nacemento da banda en Leicester en 1999.[1] É a voz principal na maioría das cancións da banda e non toca ningún instrumento no grupo, agás a pandeireta nalgunha ocasión e a guitarra no directo de 'Night Workers'.[2]

Meighan contribuiu ademais coma cantante principal nas cancións "Viva La Revolution" de Superevolver e "Ghosts on Crusade", de Lysergic Suite. Fai os coros no sinxelo de Jersey Budd, "She Came Back".[3]

Ademais dos numerosos premios que comparte cos demais membros de Kasabian, foi nomeado 19º mellor líder de banda de todos os tempos nunha votación dos lectores da revista Q Magazine.

A comezos de 2011, Meighan fixo o seu debut coma actor no episodio piloto de Walk Like a Panther.[4] Anteriormente, rexeitou unha oferta para aparecer en Marie Antoinette, debido ao compromiso cos compañeiros da banda.

Discografía

Kasabian

Notas

  1. Kasabian biography - Virgin Radio
  2. "Kasabian-Nightworkers (Live at Evry France, 2005)". YouTube. Consultado o 2011-12-11. 
  3. "Jersey Budd talks to Absolute Radio". YouTube. 2008-12-09. Consultado o 2011-12-11. 
  4. "Walk Like A Panther :: TV Show". Walklikeapanther.tv. Consultado o 2011-12-11. 

Véxase tamén

Ligazóns externas