Saltar ao contido

MIMOSA (satélite): Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xosema (conversa | contribucións)
Novo artigo
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 3 de febreiro de 2012 ás 20:58

MIMOSA (Micromeasurements of Satellite Acceleration)
TipoObservación terrestre.
OrganizaciónAcademia de Ciencias da República Checa
Satélite deTerra
Data de lanzamento30 de xuño de 2003, 14:15 UTC[1][2][3]
Foguete portadorRokot[2][4]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Plesetsk[2][5]
Duración da misión8,5 anos aprox.
Obxectivo da misiónMedición da densidade das capas altas da atmosfera.[2][5]
Decaemento11 de decembro de 2011
NSSDC ID2003-031B
Masa66 kg[5][4][2]
DimensiónsForma poliédrica, aproximadamente 560 x 560 x 570 mm.[5]
Potencia13 vatios[5]

MIMOSA (acrónimo de Micro Measurements Of Satellite Acceleration) foi un satélite artificial da Academia de Ciencias da República Checa lanzado o 30 de xuño de 2003 mediante un foguete Rokot desde o cosmódromo de Plesetsk.[2][4]

Características

A misión de MIMOSA foi medi-la densidade das capas superiores da atmosfera. Para elo levaba un acelerómetro compensado electrostáticamente e de seis graos de liberdade co que tomar datos sobre a forza coa que a atmosfera a altitudes orbitais freaba o satélite. O instrumento era suficientemente sensible como para detectar aceleracións de tan só 10-11 m/s².[2][4]

MIMOSA tiña forma de poliedro de 28 caras e un tamaño aproximado de 560 x 560 x 570 mm.[2][5] Reentrou na atmosfera o 11 de decembro de 2011.[1]

Notas

  1. 1,0 1,1 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "MIMOSA" (en inglés). Consultado o 3 de febreiro de 2012. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 NASA (4 de novembro de 2011). "Mimosa" (en inglés). Consultado o 3 de febreiro de 2012. 
  3. "Note verbale dated 21 August 2003 from the Permanent Mission of the Czech Republic to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (03-87790). 9 de setembro de 2003: 2.  Parámetro descoñecido |consultado= ignorado (suxírese |data-acceso=) (Axuda)
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "MIMOSA" (en inglés). Consultado o 3 de febreiro de 2012. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Mark Wade (2011). "Mimosa" (en inglés). Consultado o 3 de febreiro de 2012. 

Véxase tamén

Ligazóns externas