Portal:Tampere
Artigo destacado
A batalla de Tampere tivo lugar entre o 15 de marzo e o 6 de abril de 1918 na cidade finlandesa de Tampere no marco da guerra civil finlandesa. A batalla, na que se enfrontaron Brancos e Vermellos, é a máis coñecida e a máis dura das libradas durante a contenda. Na batalla participaron máis de 30 000 combatentes, o que a converteu nunha das maiores batallas da historia dos países nórdicos. Hoxe é lembrada especialmente polas súas sanguentas consecuencias, xa que os Brancos executaron a centos de Vermellos capitulados e tomaron 11 000 prisioneiros no campo de Kalevankangas.
A caída de Tampere, o maior centro industrial de Finlandia, marcou o principio do fin da República Socialista dos Traballadores de Finlandia, establecida no sur do país, e a guerra tornouse mesmo máis violenta con episodios de terror por parte de ambos bandos, con masacres dunha parte e represalias como resposta pola outra. Lugar de interese
O Suomen Jääkiekkomuseo (en galego Museo finlandés do hóckey sobre xeo) é un museo situado na cidade finlandesa de Tampere adicado á historia do hóckey sobre xeo. O museo abriu as portas en 1979 e orixinalmente encontrábase no Tampereen jäähalli (principal pavillón de hóckey sobre xeo da cidade), ata que no ano 2000 se trasladou ao complexo museístico do Museokeskus Vapriikki.
O museo do hóckey sobre xeo finlandés é considerado o segundo mellor museo de historia do hóckey sobre xeo do mundo por detrás do Hockey Hall of Fame de Toronto. Categorías
Biografía destacada
Leo Juhani "Leksa" Kinnunen, nado en Tampere o 5 de agosto de 1943 e finado o 26 de xullo de 2017, foi un piloto de automobilismo finlandés, o primeiro piloto de Fórmula 1 do seu país.
Kinnunen gañou a Nordic Challenge Cup en 1969, a Interserie de 1971-1973 e axudou a Porsche a lograr o World Sportscar Championship para os fabricantes en 1970 (os campionatos de pilotos non foron galardoados ata 1981). Na tempada 1974 cambiou á Fórmula Un, pero ademais dos problemas co TS16, o seu equipo pronto se atopou con problemas económicos. Foi o último piloto en competir na Fórmula Un usando un casco aberto. Imaxe destacada
Sabías que...?
Artigos de calidade e bos
Proxectos relacionados
Portais relacionados
Proxectos irmáns
|