John Havlicek
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
John Havlicek | |
---|---|
Posición | Ala / Escolta |
Dorsal | 17 |
Altura | 1,96 m (6 ft 5 in) |
Peso oficial | 93 kg (205 lb) |
Nacemento | 8 de abril de 1940 (84 anos) Martins Ferry, Ohio |
Carreira | |
Universidade | Ohio State |
NBA Draft | 1962 / Rolda: 1 / Elección: 7 Por Boston Celtics |
Tempadas | 1962–1978 |
Equipo(s) | |
| |
Estatísticas (NBA) | |
Puntos | 26 395 (20,8 pp) |
Rebotes | 8 007 (6,3 pp) |
Asistencias | 6 114 (4,8 pp) |
Stats @ Basketball-Reference.com | |
Premios | |
| |
Basketball Hall of Fame como xogador |
John J. Havlicek, nado o 8 de abril de 1940 en Martins Ferry, Ohio, é un antigo xogador profesional de baloncesto estadounidense que destacou profesionalmente nas décadas dos 60 e dos 70. Toda a súa traxectoria profesional estivo ligada aos Boston Celtics. Alcumábanlle "Hondo", pola personaxe da película do mesmo nome protagonizada por John Wayne.
Traxectoria deportiva[editar | editar a fonte]
Universidade[editar | editar a fonte]
A súa carreira universitaria transcorreu na Universidade de Ohio State, onde coincidiu con outro gran xogador, Jerry Lucas. Xuntos, gañaron o título da NCAA en 1960. En 1961 conseguiron unha marca de 27 partidos gañados por un só perdido, na final, e na prórroga. Havlicek promedió, en tres tempadas, 14,6 puntos e 8,6 rebotes.
NBA[editar | editar a fonte]
Na súa etapa universitaria tamén xogou ao fútbol americano, un deporte no que tamén destacou, e é por iso que en 1962 foi elixido no draft da NBA por Boston na novena posición da primeira rolda, e á vez polos Cleveland Browns da NFL. Pero tras probar un tempo os adestramentos do fútbol, decidiu centrar todas as súas enerxías no baloncesto. Ninguén dúbida que acertou plenamente, xa que conseguiu, en 16 tempadas como profesional gañar 8 aneis de campión da NBA, a metade deles no seu catro primeiras tempadas. Só os seus compañeiros de equipo Bill Russell e Sam Jones en gando máis aneis que el nunha carreira profesional.
Ten o récord de máis puntos anotados cos Celtics, con 26.395 (20,8 por partido, sexto máximo anotador de todos os tempos da liga), ademais dos de máis partidos xogados coa camiseta verde e branca, 1.270, cuarta marca da liga. Ademais, comparte o récord de máis puntos anotados nunha prórroga en finais, con 9. Está considerado o mellor sexto home da historia da NBA. Retirouse en 1978 e a súa camiseta co número 17 colgou durante anos do alto do Boston Garden como homenaxe á súa dilatada carreira. Agora faio no TD Banknorth Garden.
Equipos[editar | editar a fonte]
Logros persoais[editar | editar a fonte]
- 13 veces All Star.
- Primeiro xogador en anotar 1.000 puntos ou máis en 16 tempadas consecutivas.
- MVP das Finais de 1974.
- Elixido en 4 ocasións no mellor quinteto da NBA e 7 veces máis no segundo mellor.
- Elixido en 5 ocasións no mellor quinteto defensivo da liga.
- Elixido un dos "cincuenta mellores xogadores da historia da NBA" en 1996.
- Membro do Basketball Hall of Fame dende 1984.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Estatísticas de Hondo Havlicek Arquivado 04 de abril de 2013 en Wayback Machine.
- Páxina de Havlicek na web do Hall of Fame
- Vídeo de Havlicek