"Buddy Holly" é unha canción da banda de rock alternativo estadounidense Weezer, editado o 7 de setembro de 1994 como segundo sinxelo de Weezer, o seu álbum de estrea. O sinxelo lanzouse o día no que Buddy Holly tería cumprido 58 anos. Acadou o número 2 na lista Modern Rock Tracks e o 4 na Mainstream Rock Tracks. Tamén foi númeiro 12 no Reino Unido. Rolling Stone situou a "Buddy Holly" no posto 499 na súa lista de 2010 das 500 mellores cancións de todos os tempos[1].